miguel a. garcía + pablo orza @ galicia – porto tour

drawing_by_raul_dominguez

6-6-12, 20:30 > miguel a. garcía + pablo orza
baleiro, facultade de filoloxía da USC, santiago de compostela
+info here: http://www.baleiro.org/

7-6-12, 19:00 > miguel a. garcía + pablo orza
centro comercial stop, sala 307, porto

8+9-6-12, 20:00 > miguel a. garcía + pablo orza @ zarata fest galicia
liceo mutante, pontevedra
+ info here: http://www.dfarte.com/ZarataGalicia.html

12-6-12, 21:00 > miguel a. garcía + pablo orza + luca massolin
cavalo branco studio, rua do barao de sao cosme, 234-4000-501, porto

14-6-12, 21:00 > durán vazquez + miguel a. garcía + pablo orza
hipolito, avenida de castrelos 26a, vigo

Miguel A. García é un artista nado en Gasteiz e formado en Belas Artes e Audiovisuais que traballa no campo da arte sonora, abarcando de maneira indeferenciada a instalación, a creación a tempo real non-idiomática e a composición electroacústica. Presentou os seus proxectos en diferentes lugares de España, Francia, Portugal, Polonia, Noruega e os Estados Unidos de América, incluíndo espazos como o Museo Guggenheim (Bilbao), o Auditorio Nacional de Música (Madrid), o Museo Vostell Malpartida (Cáceres), a Casa Encendida (Madrid), o Festival Sonic Circuits (Washington DC, EUA) ou o Centro Tou Scene (Stavanger, Noruega), entre moitos outros. Tanto en solitario como en múltiples colaboracións, ten editado traballos en numerosos selos de todo o mundo.
xedh.org

Pablo Orza é artista plástico e improvisador multi-instrumentista de formación autodidacta. No 2003 iníciase no mundo da improvisación libre co dúo Parto, co que activa o colectivo TPS (Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro) para a dinamización e a difusión da improvisación en Galicia, en colaboración coa sala NASA de Santiago. É membro da Orquesta de Música Espontánea de Galicia (OMEGa) desde a súa formación no 2007. Pablo Orza explora a través da guitarra eléctrica un horizonte diverso de sonoridades (electroacústica, noise, minimalismo, drone, clásico contemporáneo) desde o impredecible fluxo de dinámicas e acontecementos que supón a improvisación libre.
pabloorza.wordpress.com

06. June 2012 by
Categories: concerts, events, net, news | Leave a comment

Leave a Reply

Required fields are marked *


This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.